Abrir o menú principal

Inge Magnusson, foi dende 1196 a 1202 o pretendente bagler ao trono noruegués durante a época das Guerras civís norueguesas.[1] Foi apoiado pola Igrexa como pretendente do partido bagler ao trono na guerra civil que estaba latente dende 1184 trala morte do rei Magnus V de Noruega na batalla de Fimreite.

Inge Magnusson
Nacementoanos 1180xuliano
Falecemento1202
 Nord-Aurdal
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónpolítico
PaiMagno V da Noruega
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1197, levouse a cabo un serio desafío ao rei Sverre I de Noruega que herdou o trono despois de Magnus V. Varios opositores importantes de Sverre, entre eles o bispo Nicolas Arnesson de Oslo que fora medio irmán do rei Inge I de Noruega, e o arcebispo exiliado de Nidaros, Erik Ivarsson, reuníronse no mercado de Halör en Skåne (ou Scania), daquela pertencente a Dinamarca.

Alí, decidiron escoller a Inge Magnusson, suposto fillo do rei Magnus V de Noruega como o seu pretendente á realeza. O seu bando denominouse Bagler, facendo referencia a un antigo vocábulo en noruegués antigo que significaba báculo. A guerra entre os Bagler, co apoio da Igrexa, e os Birkebeiner (o bando popular) que apoiaban a Sverre durou todo o resto do reinado deste.[2]

Inge Magnusson estaba co partido Bagler cando tomaron Nidaros en xaneiro de 1198. Permaneceron aló durante a primavera, e Inge recibu o título real na Asemblea. Ese mesmo ano, o príncipe sueco Karl Sverkerson, xerno do rei, que protexía Bergen, foi asasinado cando a cidade foi tomada polo líder bagler Thorstein Kugad.[3]

Os Baglers establecéronse na área de Viken, preto de Oslo, que era tanto a zona do bispado de Nicolas Arnesson como a antiga base de poder do rei Magnus V. O 18 de xuño de 1199, as frotas dos dous bandos enfrontáronse na batalla naval de Strindafjord. Nela, Sverre obtuvo unha esmagante vitoria e os Baglers que sobreviviron tiveron que fuxir como o bispo Nicolas Arnesson que se exiliou en Dinamarca polo que, dende xaneiro de 1200, Inge foi constantemente descrito como o líder Bagler.

MorteEditar

Inge morreu en 1202, no mesmo ano que o seu rival, o rei Sverre. Trala morte do rei Sverre, en marzo de 1202, Inge perdera o apoio da Igrexa. O arcebispo Erik e os bispos que apoiaran os Baglers, reconciliáronse co rei Håkon III de Noruega, fillo do rei Sverre. Inge foi traizoado e asasinado por algúns dos seus partidarios en Storøya, nas aforas de Fagernes.[4][5]

Guerra civil norueguesaEditar

Na Guerra civil de Noruega, varios pretendentes loitaron polo poder en Noruega. O período das guerras civís norueguesas durou de 1130 a 1240. Despois da reconciliación en 1217, un sistema de goberno máis ordenado centrado na figura do rei foi que de pór remate, gradualmente, aos frecuentes levantamentos. Durante este período, houbo varios conflitos mesturados e de escala e intensidade variada. As causas principais do conflito foron as leis sucesorias norueguesas, as condicións sociais e a loita entre a Igrexa e o Rei. Progresivamente, foron configurándose dous bandos, ao principio pouco definidos pero despois denominados como Bagler e Birkebeiner. Cada un dos bandos apoiaba a un pretendente real co que se opuña ao rei do bando contrario. Finalmente, Haakon Haakonson (birkebeiner de nacemento, e fillo ilexítimo de Hakon III Sverreson)[6] ascendeu ao trono coa denominación de Haakon IV sen a penas oposición, baixo a regencia do duque Skule Bårdsson.[7] Haakon IV conseguíu rematar coas guerras civís e limitou o papel da aristocracia en Noruega.

NotasEditar

  1. Lyche Arstad, Knut Peter (24-9-2014). "Inge Magnusson". Norsk Biografisk Leksikon (en noruegués). Consultado o 14-9-2019. 
  2. Nordbø, Børge (1-4-2019). "Baglersagaene". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 14-9-2019. 
  3. Saga de Sverre, capítulo 152
  4. Norseng, Per G. (18-5-2018). "Inge Magnusson". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 14-9-2019. 
  5. Norseng, Per G. (22-5-2018). "baglere". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 14-9-2019. 
  6. Norseng, Per G. (08-05-2018). "Håkon 3 Sverresson". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 09-03-2019. 
  7. Norseng, Per G. (16-08-2018). "Håkon 4 Håkonsson – den gamle". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 09-03-2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bagge, Sverre (2012). From Viking Stronghold to Christian Kingdom: State Formation in Norway, c. 900-1350 (en inglés). Copenhagen: Museum Tusculanum Press. ISBN 978-8763507912. 
  • Helle, Knut (1956). Omkring Boglungasogur (en noruegués). Bergen: A. S. John Griegs.