Induano
O Induano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade ou piso do Triásico Inferior, primeiro terzo do período Triásico, e polo tanto, do Mesozoico. Esta idade esténdese desde 251 até 249 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Induano sucede a última época do período Permiano e precede o Olenekiano, a última idade do Triásico Inferior, ocupando a época entre 251 ± 0.4 Ma e 249.7 ± 0.7 Ma.
Nesta época, gran parte do planeta encontrábase sen vida, deserto, quente e seco. A maior parte da auga era hipóxica.