In saecula saeculorum

In sæcula sæculorum é unha locución latina que significa literalmente “polos séculos dos séculos” e fai referencia á eternidade. É unha frase bíblica tomada da Vulgata, tradución latina do Novo Testamento dende o hebreo, e traducida dende o grego “εἰς τοὺς αἰῶνας τῶν αἰώνων”. Esta tradución non é totalmente literal, xa que o tempo sinalado non é a eternidade, senón varios aiōnes , termo grego que se refire á esperanza de vida media dos seres humanos, ou ben á dunha xeración. Este termo foi levado ó latín como saeculum, mantendo o significado.

Vulgata.

Liturxia editar

Esta expresión aparece no libro da Apocalipse doce veces, e sete veces máis nas epístolas, mais non nos evanxeos: Epístola aos gálatas (1:5)[1], Epístola aos efesios (3:21)[2], Epístola aos filipenses (4:20)[3], primeira epístola a Timoteo (1:17)[4], segunda epístola a Timoteo (4:18)[5], Epístola aos hebreos (13:21)[6], primeira epístola de Pedro (4:11)[7] e Libro das Revelacións ou da Apocalipse (1:6, 1:18, 4:9, 10, 5:13, 7:12, 10:6, 11:15, 14:11, 15:7, 19:3, 20:10, 22:5)[8]. Foi recollida na liturxia cristiá medieval como un Tantum Ergo (últimas dúas estrofas dun himno eucarístico) por Tomé de Aquino no Veni Creator Spiritus, no Gloria Patri e en moitos outros casos. Cando in saecula saeculorum vai seguido por un Amén, as dúas últimas palabras (saeculorum, Amén) poden aparecer abreviadas como Euouae, regra mnemotécnica utilizada nas anotacións musicais do medievo. A frase non se utiliza no Antigo Testamento, que ten outras expresións para referirse á eternidade como a latina in aeternum et ultra (“para a eternidade e máis alá”), tradución da hebrea עד עולם e da Biblia Septuaginta “εἰς τὸν αἰῶνα καὶ ἐπέκεινα".

Significado editar

Esta expresión pretende reforzar a idea de omnipotencia de Deus, ao cal os fieis adoran nas súas oracións e recoñecen o seu reinado universal “polos séculos dos séculos”. En sentido figurado refírese a unha cousa que se prolonga indefinidamente e da cal non se prevé a fin.

Notas editar

  1. Epistula Pauli ad Galatas (1:5) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  2. Epistula Pauli ad Ephesios (3:21) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  3. Epistula Pauli ad Philippenses (4:20) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  4. Epistula Pauli ad Timotheum I (1:17) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  5. Epistula Pauli ad Timotheum II (4:18) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  6. Epistula Pauli ad Hebraeos (13:21) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  7. Epistula Petri I (4:11) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio
  8. Apocalypsis Ioannis (1:6, 1:18, 4:9, 10, 5:13, 7:12, 10:6, 11:15, 14:11, 15:7, 19:3, 20:10, 22:5) - Nova Vulgata, Bibliorum Sacrorum Editio

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.