In girum imus nocte et consumimur igni

filme de 1978 dirixido por Guy Debord

In girum imus nocte et consumimur igni é un filme francés de 1981 dirixido por Guy Debord. É o sexto e derradeiro filme de Debord. A película de 95 minutos describe a sociedade de consumo e a alienación capitalista, poñendo en evidencia a condición de escravos modernos. Ademais de ser un dos filmes máis críticos cara á sociedade moderna, tamén relata algunhas etapas da vida de Debord.

In girum imus nocte et consumimur igni
Ficha técnica
Título orixinalIn girum imus nocte et consumimur igni
DirectorGuy Debord
GuiónGuy Debord
MontaxeStéphanie Granel
EstreaFrancia 1981
Galicia 26 de novembro de 2020 (CGAI)
Duración95 minutos
Orixe Francia
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt0240610 Filmaffinity: 885302 Allocine: 38542 Rottentomatoes: m/in-girum-imus-nocte-et-consumimur-igniwe-spin-around-the-night-consumed-by-the-fire Editar o valor em Wikidata

O título en latín é un palíndromo que significa: "Damos voltas na noite e somos consumidos polo lume". Este palíndromo foi utilizado posteriormente por Umberto Eco na súa novela O nome da rosa (1980).

Estreouse subtitulado en galego o 26 de novembro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[1]

Notas editar

  1. cgai.xunta.gal (ed.). "In girum imus nocte et consumimur igni no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 28 de xuño de 2021.