In Necuepaliztli in Aztlan

In Necuepaliztli in Aztlan (do náhuatl: Retorno a Aztlán) é un filme mexicano de ficción dirixido por Juan Mora Cattlet que se estreou en 1990. Está protagonizada por Rodrigo Puebla, Rafael Cortés, Amado Zumaya e Socorro Avelar. Foi a primeira longametraxe rodada en México en lingua náhuatl, subtitulado ó castelán para a súa proxección.[1][2]

In Necuepaliztli in Aztlan
Ficha técnica
Título orixinalIn Necuepaliztli in Aztlan
DirectorJuan Mora Cattlet
ProdutorJuan Mora Cattlet
Jorge Prior
Jaime Langarica
GuiónJuan Mora Cattlet
IntérpretesRodrigo Puebla
Rafael Cortés
Amado Zumaya
Socorro Avelar
Soledad Ruiz
José Chávez Trowe
María Luisa Ávalos
MúsicaAntonio Zepeda
FotografíaLuc-Toni Kuhn
MontaxeJorge Vargas
EstudioProducciones Volcán
Cooperativa José Revueltas
UNAM
Fondo de Fomento a la Calidad Cinematográfica
IMCINE
DistribuidoraIMCINE
Estrea1990
Duración90 minutos
Orixe México
XéneroHistórico
Na rede
IMDB: tt0102779 Filmaffinity: 632789 Rottentomatoes: m/retorno-a-aztlan-return-to-aztlan Allmovie: v211128 TCM: 511344
Vimeo: ondemand/retornoaaztlan Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

No territorio gobernado por Moctezuma o Vello hai unha grave seca. O gobernante acepta, aconsellado polos sus achegados encabezados por Tlacaélel, ir na busca da deusa Coatlicue, co obxectivo de pedirlle axuda para evitar unha catástrofe. Un labrego, Ollin, participa na busca e atopa a Coatlicue, quen lle recrimina o abadono que sufriu polos mexicas, pero aínda así decide axudalos. Os conselleiros de Moctezuma o Vello, de todos xeitos, deciden asasinar a Ollin.[2]

  1. "Retorno a Aztlán (In Necuepaliztli in Aztlan) - Instituto Mexicano de Cinematografía". IMCINE. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Cineteca Nacional. Expediente 02592. México, CONACULTA, año, consultado en el Centro de Documentación e Investigación.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar