Abrir o menú principal

Inés de Durazzo, nada en 1345 e finada o 15 de xullo de 1388, foi a esposa de Xaime des Baux, último emperador latino titular de Constantinopla. Foi a última muller en reclamar o título de emperatriz do Imperio Latino.

Inés de Durazzo
Nacemento1345
 Durrës
Falecemento15 de xullo de 1388
SoterradaBasílica de Santa Clara
PaiCharles, Duke of Durazzo
NaiMaría de Calabria
CónxuxeCansignorio della Scala e Xaime des Baux
IrmánsMargarida de Durazzo e Joanna, Duchess of Durazzo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Inés foi a segunda filla de Carlos, Duque de Durazzo e María de Calabria. Casou por primeira vez con Cansignorio della Scala. Cansignorio era o irmán menor e co-gobernante nominal de Cangrande II della Scala, señor de Verona. En 1359, Cansignorio asasinou ao seu irmán maior e sucedeuno. O seu irmán menor Paolo Alboino della Scala converteuse no seu co-gobernante até 1365[1]. O 10 de outubro de 1375, Cansignorio morreu, presumibelmente envelenado. O seu matrimonio non tivo fillos[1]. O 16 de setembro de 1382, Inés casou co seu segundo marido, Xaime des Baux. Era o pretendente ao trono do imperio latino desde 1374. O seu cuñado, Carlos III de Nápoles, concedeulle Corfú como parte do seu dote. O seu matrimonio foi de curta duración. O 7 de xullo de 1383, Xaime morreu en Tarento. Sobreviviulle cinco anos, pero nunca volveu casar.

NotasEditar