Abrir o menú principal

Imre Schlosser

futbolista húngaro

Imre Schlosser-Lakatos (24 de xaneiro de 1889 - 19 de xullo de 1959) foi un futbolista húngaro. É o máximo anotador da historia da liga húngara.

Imre Schlosser
Imre Schlosser-Lakatos.jpg
Información persoal
Nome completo Imre Schlosser-Lakatos
Nacemento 24 de xaneiro de 1889
  Budapest
Falecemento 19 de xullo de 1959
  Budapest
Nacionalidade Hungría
Posición Dianteiro Centro
Información de club
Club actual falecido
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Schlosser debutou coa camisola nacional o 7 de outubro de 1906, cando só tiña 17 anos e 256 días, nun encontro contra Bohemia, que rematou cun 4-4. Este foi o comezo dunha carreira na selección que duraría máis de vinte anos. Neste tempo xogou 68 encontros con Hungría, anotando 59 goles.

En canto aos clubs nos que xogou, foron o Ferencvárosi TC e o MTK Hungária, nos que anotou un total de 417 goles en liga, o que o fai o sexto mellor goleador de tódolos tempos [1](enlace en inglés).

Foi catro veces máximo anotador europeo, o que máis tarde se deu en chamar Bota de Ouro, entre as tempadas 1910-11 e 1913-14.