Illas do Rosario

arquipélago de Colombia

Coordenadas: 10°10′30″N 75°45′00″O / 10.175, -75.75

As illas do Rosario (ou Corais do Rosario) é un pequeno arquipélago formado por unhas 28 illas, que forma parte da zona insular de Cartaxena de Indias, cunha superficie terrestre de 20 héctareas (0,20 km²) situado fronte ás costas do Departamento de Bolívar, á mesma latitude que a península de Barú.[1][2][3][4] Nelas atópase un dos parques nacionais naturais de Colombia, creado para protexer un dos arrecifes coralinos máis importantes da costa Caribe colombiana.

Mapa das illas do Rosario.
Illas do Rosario.

Características

editar

É un territorio pertencente á rexión atlántica colombiana, e depende do departamento de Bolívar. As illas consisten nunha pequena plataforma composta de sucesivas formacións coralinas a diferentes profundidades.

  1. María Helena Cendales; et al. Universidad Nacional de Colombia, ed. "Geomorfología y unidades ecológicas del complejo de arrecifes de Islas de Rosario y Barú" (PDF). 
  2. Cartaxena de Indias (ed.). "Archipiélago de Nuestra Señora del Rosario". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  3. "División político administrativa de Cartagena de Indias". Enciclopedia y Biblioteca Virtual de las Ciencias Sociales, Económicas y Jurídicas. 
  4. "Programa de vigilancia en salud pública" (PDF). Alcaldía Mayor de Cartagena de Indias. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2014. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar