Península de Barú

Coordenadas: 10°12′50″N 75°36′41″O / 10.21389, -75.61139

A península de Barú, ás veces denominada Illa de Barú, é unha zona costeira situada ó sur e a 45 minutos en lancha de Cartaxena de Indias, Colombia.[1] É famosa polas súas praias brancas e auga turquesa. Está separada do territorio pola Canle do Dique. Até 2014, a única forma de cruzalo era en balsa. Foi nese ano cando se inaugurou a chamada "Ponte de Barú".

Mapa da península de Barú.
Praia Branca, na península de Barú.

Hoxe en día é un lugar de grande auxe turístico. A maioría das praias son privadas, propiedade de particulares ou empresas turísticas, agás Praia Branca que é a única praia pública.

Nas augas de mar que están en fronte de Barú combateuse a batalla de Barú en 1708, durante a cal se afundiu o galeón San José.[2]

Poboación editar

Na península de Barú hai varias vilas, cunha poboación total de preto de 20.000 persoas. A maioría delas viven grazas ó turismo, ben sexa traballando nas instalacións hoteleiras ou ben vendendo artesanías ós visitantes.

Notas editar

  1. Woods, Sarah (21 de setembro de 2015). Colombia. Bradt Travel Guides. p. 407. ISBN 9781841623641. 
  2. AP, ed. (6 de decembro de 2015). ""Holy grail" of shipwrecks found off Colombia". Consultado o 2 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar