Illas Ryukyu

Arquipélago do Xapón
(Redirección desde «Illas Ryūkyū»)

As Illas Ryukyu (琉球諸島 Ryūkyū-shotō?),[1] coñecidas en xaponés como Illas Nansei (南西諸島 Nansei-shotō?, lit. "Illas do sueste") e tamén coñecidas como Arco Ryukyu (琉球弧 Ryūkyū-ko?), son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyūshū ata Taiwán. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.

Modelo:Xeografía políticaIllas Ryukyu
琉球諸島 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°30′N 127°54′L / 26.5, 127.9
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Okinawa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.642,11 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar da China Oriental e Océano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude1.936 m Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Proposta de bandeira nacional do goberno de Ryukyu de 1950

Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente ao Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a segunda guerra mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente de acordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.

  1. Tsuneyoshi, Ukita (1993). Nihon-dai-chizuchō (Grand Atlas Japan). Heibonsha. ISBN 4-582-43402-9. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar