Illas ABC, Alasca

Illas ABC
Vista da illa do Almirantado
Datos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Mar Océano Pacífico
Illa principal Baranof
Linguas
Poboación (2000) 10.524 hab.
Densidade hab/km²
Superficie 13.334 km²
Nº de illas 3
Coordenadas 56°59′N 134°58′O / 56.983, -134.967
Maior Altura
Capital
Localización
Localización do arquipélago

As illas ABC é o nome coloquial para as illas de Alasca de Almirantado, Baranof, e Chichagof na parte norte do arquipélago Alexander, todas son parte do Bosque nacional de Tongass. As illas son coñecidas pola súa natureza silvestre, incluíndo unha densa poboación de osos pardos.[1]

A maior parte da superficie das illas está protexida polo goberno federal. A cidade de Sitka ten o seu centro urbano na costa oeste da illa de Baranof. Fóra de Sitka, nas illas soamente hai unha industria e presenza humanas mínimas, a pesar do feito de que o Almirantado (7ª), Baranof (10ª) e Chichagof (5ª) están entre as illas máis grandes dos Estados Unidos.

Notas editar

  1. Schoen, John W.; Gende, Scott (2016). "6 Brown Bear". En Smith, Melany. Ecological Atlas of Southeast Alaska (PDF). Audubon Alaska. pp. 160–163. Consultado o 10 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar