Illa do Almirantado

A Illa do Almirantado, (Admiralty Island en inglés e Kootznoowoo en tinglit) forma parte do arquipélago de Alexander no sueste de Alasca, Estados Unidos, a 57°44' N 134°20' O. Ten 4264´1 km² con 145 km longo por 56 de largo, a maior parte do seu territorio é un parque nacional creado en 1978 . Angoon é o único asentamento da illa, conta con 572 habitantes.
A illa do Almirantado é o territorio tradicional do grupo tinglit dos Kootznoowoo, arredor de 1700 entraron en contacto cos cazadores de peles rusos e ingleses no ano 1794 o capitán George Vancouver deulle o actual nome.

Illa do Almirantado
Kootznoowoo
Adis windfall harbor.jpg
Vista da illa
AKMap-doton-Angoon.png
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoArquipélago Alexander
MarOcéano Pacífico
Coordenadas57°44′N 134°20′O / 57.733, -134.333Coordenadas: 57°44′N 134°20′O / 57.733, -134.333
Xeografía
Superficie4.264´1 km²
Longura máxima140 km.
Largura máxima56 km.
Punto máis alto1.460 m.
Demografía
CapitalAngoon (572 hab. en 2000)
Poboación650 (2000)
Densidade0´151 hab./km²

A illa ten a máis grande concentración de osos pardos do mundo (arredor de 1600), superando en número aos residentes humanos do Almirantado case tres a un. A zona de observación do oso pardo de Pack Creek ofrece aos visitantes a oportunidade de observar osos pardos no seu hábitat natural mentres pescan salmón e interactúan entre eles durante os meses de verán. Requírense permisos para todos os visitantes a Pack Creek; Poden obterse a través do Servizo Forestal.

Mapa da illa