Illa do Rei, Menorca

Coordenadas: 39°53′00″N 4°17′00″L / 39.8833, 4.28333

A illa do Rei é un illote do porto de Maó, situado diante da vila de Es Castell (ao sur) e de Cala Llonga (ao norte), en Menorca.

Illa do Rei, no porto de Maó, Menorca.

Debe o seu nome ao desembarcou do rei Afonso III no ano 1287, cando chegou para conquistar a illa aos musulmáns.

Está caracterizada pola silueta das ruínas do antigo hospital militar, construído polos ingleses no século XVIII. Durante a dominación británica chamoulla Bloody Island (illa sanguenta) polas súas funcións de hospital. O recinto funcionou ata mediados do século XX, cando foi abandonado e iniciouse unha profunda decadencia. Actualmente, a través da asociación de Amics de l'Illa de l'Hospital (Amigos da Illa do Hospital), estase recuperando o illote e está previsto que os labores finalicen en 2011, cun orzamento de 3,5 millóns de .

Tamén se conservan aínda os restos dunha basílica paleocristiá do século VI.

Neste illote vive unha lagarta endémica, a Podarcis lilfordi balearica.