Illa do Castro
A Illa do Castro é unha illa na costa do Soto de La Marina, a poñente de Santander (Cantabria, España). É alargada e cuberta de vexetación baixa (mide pouco máis dunha hectárea), e en baixamar tamén chega a unirse a terra mediante un tómbolo areoso, que é moito máis reducido que o da veciña Illa da Virgene del Mar e que de cando en cando permite a abordaxe cómoda á illa debido á súa estreiteza e insuficiencia. Na súa cima debeu existir un castro costeiro prerromano, como indica a toponimia.
![A praia de Covachos en verán. O fondo a Illa do Castro.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/73/Covachos.jpg/450px-Covachos.jpg)