Illa de Santa Clara
A Illa de Santa Clara (Santa Klara uhartea en éuscaro) é unha illa española situada na provincia de Guipúscoa (País Vasco). Trátase dun illote de 5'6 hectáreas situada no centro da baía da Concha (Donostia) e que alcanza os 48 metros de altitude, sendo bastante escarpada debido ás súas reducidas dimensións.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Donostia, España | |||
| ||||
Bañado por | Baía da Concha | |||
Características | ||||
Altitude | 48 m | |||
Superficie | 0,056 km² | |||
A illa de Santa Clara é un ben de dominio público de titularidade municipal, cedido polo Estado español ao Concello de Donostia en virtude de Decreto de 31 de outubro de 1968.
Posúe un embarcadoiro e unha pequena praia que só aparece coas baixamares e que, con todo, conta con servizo de socorrismo, duchas e ata quioscos de tempada, debido ao gran número de persoas que no verán se achegan a esta illa (comunicada durante o verán co porto de San Sebastián mediante un servizo regular de barco). Á parte do pequeno peirao e as dotacións asociadas ao período estival, a única construción do illote é un faro que se ergue na súa cima. A finais do século XVI foron trasladados á illa os contaxiados pola peste que nesa época arrasaba á capital guipuscoana.