Illa de Escombreras

A Illa de Escombreras é unha illa española que se sitúa na entrada da baía de Cartagena (Murcia) e do porto de Escombreras. Ten 4 hectáreas de superficie escarpada e pedregosa. Conta cun pequeno embarcadoiro, unha praia e algunha vella construción. É rica en achados arqueolóxicos, entre eles os restos dun templo grego en honra a Hércules (por iso coñecíase nesa época como a Illa de Hércules). Tamén se atoparon restos de fabriación de salgaduras e de actividade industrial da época romana. É posible que nela se fabricase o garum, como indican eses restos e o propio topónimo da illa (do latín Scombraria, de scomber 'tipo de peixe identificado coa xarda', con cuxas entrañas fabricar esa salsa). Tamén se atoparon restos fenicios e unha necrópole romana. foi declarada Espazo Natural Protexido.

Illa de Escombreras, preto de Cartagena (Murcia), co seu característico acceso ao faro.