Illa Roca Partida
Roca Partida, é a illa mais inhóspita do Arquipélago de Revillagigedo, México. É realmente un illote cunha altitude máxima de 35 msnm que se localiza aos 190º00' de latitude norte e 112º05' de lonxitude oeste. Presenta unha lonxitude máxima de 245.56 m e un ancho de 73.37 m, cunha superficie de 1´4 ha. A roca foi descuberta en 1542 por Ruy López de Villalobos.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Revillagigedo | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Revillagigedo | |||
Localización | ||||
División administrativa | México | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 0,045 () × 0,091 () km | |||
Superficie | 0,003 km² Patrimonio da Humanidade: 112.636,5 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1510-004 | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1542 | |||
Roca Partida é a cima dun estratovolcan submarino que deu lugar a traquiandesitas. Nos diagramas de variacións de estruturas, aparecen mais preto dos traquibasaltos e intermedias entre as rocas acidas de San Benedito e Socorro, en contraste coas estruturas basicas de Clarion. En xeral, as rocas da Illa Roca Partida ten o dominio de anfíboles e piróxenos sódicos onde dominan o sodio sobre o potasio, así como a escaseza de plagioclasa.
Roca Partida non mostra ningún substrato para o crecemento de vexetación terrestre, ademais de que non hai anfibios ou peixes de auga doce e non hai réptiles en Roca Partida.