Illa Renaud
A illa Renaud é a maior das illas Biscoe na Antártida, adxacente á costa occidental da península Antártica. A illa sitúase entre as illas Pitt, cara ao norte; a illa Rabot ao sueste, separadas polo paso Covadonga; e a illa Lavoisier ao sur, separadas polo estreito Pendleton.
Illa Renaud | |
---|---|
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Antártida, reclamada por Arxentina, Chile e o Reino Unido |
Arquipélago | Illas Biscoe |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 65°40′00″S 66°00′00″O / -65.66667, -66.00000Coordenadas: 65°40′00″S 66°00′00″O / -65.66667, -66.00000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 618 km² |
Longura máxima | 40 km. |
Largura máxima | 17 km. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa ten 40 km. de longo por 17 millas de largo e destaca no seu litoral a baía Sobenes ao oeste e a punta Lively, chamada cabo Aguirre Romeu por Chile, no extremo sur. Áchase cuberta por un manto de xeo.
Foi cartografada e nomeada pola Expedición Antártica Francesa de 1908-1910, comandada por Jean-Baptiste Charcot.[1]
Reclamacións territoriais
editarArxentina inclúe á illa no departamento Antártida Arxentina dentro da Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da comuna Antártica da provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas aos termos do Tratado Antártico.
Nomenclatura dos países reclamantes:
- Arxentina: isla Renaud
- Chile: isla Renaud
- Reino Unido: Renaud Island
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Renaud |