A Illa Mornington é a máis setentrional das 22 illas que forman o grupo das Illas Wellesley. A illa está no Golfo de Carpentaria e forma parte da rexión do Golfo no Estado de Australia de Queensland.

Illa Mornington
Localización da illa
Situación
PaísAustralia Australia
EstadoQueensland
ArquipélagoIllas Wellesley
MarGolfo de Carpentaria
Coordenadas16°30′0″S 139°30′0″L / -16.50000, -139.50000Coordenadas: 16°30′0″S 139°30′0″L / -16.50000, -139.50000
Xeografía
Superficie1.002 km²
Longura máxima58´54 km.
Largura máxima27´39 km.
Punto máis alto150 m.
Demografía
CapitalGununa
Poboación1.007 hab. (2001)
Densidade1 hab./km²

Descrición editar

A topografía xeral da illa é plana cunha elevación máxima de 150 metros. A illa está bordeada por bosques de mangleiros e contén 10 esteiros, todos próximos a condición prístina.[1]

A poboación estimábase en 1.007 habitantes en 2001 e a maioría dos cidadáns viven no municipio de Gununa. A illa de Mornington inclúese no área do goberno local de Shire of Mornington. A maioría dos insulares son aborixes.

Lardil (ou Kunhanaamendaa)[2] son o grupo de clans predominantes na Illa de Mornington e son os propietarios tradicionais da terra e os mares circundantes. O clan Kaiadilt chegou máis recientemente (1947) desde a próxima illa Bentinck, cando o fornezo de auga desa illa foi contaminado polo sal logo dun ciclón. A Fundación James Fraser, unha organización sen fins de lucro en Queensland, emprendeu traballos recentes de reconstrución de vivendas aborixes.

Historia editar

 
Un selo de correos co lanzamento do paracaídas de Nadal en 1943 á Misión da Illa Mornington

Recoletores de Makassar viaxaron miles de quilómetros desde Sulawesi a illa Mornington e outros destinos australianos continentais en busca de cogombros de mar. O cabo oriental da illa foi nomeado Cabo Van Diemen por Anthony van Diemen. O Comandante Matthew Flinders nomeou á illa por Richard Wellesley 1º Marqués de Wellesley, que era coñecido como o Conde de Mornington.[3]

A oficina de correos de Gununa abriu en 1892.[4]

O aeroporto da illa de Mornington era un campo de aviación temporal usado pola RAAF e as forzas aéreas aliadas durante a segunda guerra mundial.

A subincisión do pene realizouse tradicionalmente na illa para aqueles que queren aprender a complexa linguaxe cerimonial chamada Damin.

En 1978, o Goberno de Queensland decidiu facerse cargo do control tanto das reservas aborixes de Aurukun e illa Mornington.

Os ciclóns golpean rutineiramente a illa.

Clima editar

Datos climáticos para Mornington Island (1914-present)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 38,3 37,6 37,7 37,3 34,9 33,6 32,2 34,5 38,0 38,7 39,0 39,8 39,8
Media máxima en °C 32,2 31,9 31,9 31,4 28,8 25,8 25,7 27,7 30,3 32,3 33,3 33,2 30,4
Media mínima en °C 25,5 25,4 24,6 23,2 20,2 17,1 16,2 17,2 20,6 23,7 25,7 26,2 22,1
Temperatura mínima en °C 19,5 20,0 19,0 12,8 5,5 7,0 5,1 7,2 11,7 12,6 18,5 20,0 5,1
Precipitación media mm 326,8 307,0 260,2 54,0 9,0 6,5 2,3 0,8 1,3 12,7 55,8 157,7 1 198,7
Media de días con precipitacións (≥ 0.2 mm) 15,2 14,2 12,2 4,3 1,4 0,9 0,5 0,7 0,8 1,5 4,6 9,6 65,9
Fonte: Bureau of Meteorology [5]

Notas editar

  1. "Estuary Assessment 2000: Basin: Mornington Island". Australian Natural Resources Atlas. Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2009. Consultado o 2009-08-29. 
  2. https://researchonline.jcu.edu.au/971/2/02whole.pdf
  3. "Mornington Shire". Queensland Places. Centre for the Government of Queensland, University of Queensland. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  4. Premier Postal History. "Post Office List". Premier Postal Auctions. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  5. "Climate Statistics for Mornington Island". Climate statistics for Australian locations. Bureau of Meteorology. Consultado o 6 April 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar