Illa Magdalena, Aysen, Chile

Illa Magdalena é unha illa na rexión de Aysén no sur de Chile.[1] A illa pertence ao Parque Nacional Illa Magdalena.[1]

Illa Magdalena
Illa Magdalena en Chile
Illa Magdalena
Illa Magdalena
Localización da illa
Mapa do arquipélago
Situación
País Chile
RexiónRexión de Aisén
ArquipélagoArquipélago dos Chonos
MarOcéano Pacífico
Coordenadas44°35′44″S 73°11′25″O / -44.59556, -73.19028Coordenadas: 44°35′44″S 73°11′25″O / -44.59556, -73.19028
Xeografía
Superficie2.024´50 km²
Perímetro435´5
Punto máis alto1.659´9 Monte Montalat
Demografía
CapitalPuerto Gaviota

Xeografía editar

Esta grande illa esténdese ata a costa continental, da cal está separada polas canles de Moraleda (ao oeste) e de Puyuhuapi (ao sur).[2] Polo norte discorre a canle Salqueman, entre a illa de Magdalena e as máis pequenas de Atilio e Manuel.[2]

Na súa parte central, o volcán extinto Mentolat elévase a unha altura de 1.660 m.[3] O cráter está cheo de neve en todo momento.

Na costa oeste da illa atópase a enseada Pangal, que non é de utilidade para a navegación.

Fauna e flora editar

A illa conta con multitude de especies protexidas, como pingüins, corvos mariños ou leóns de mar.[3][4] A súa poboación de pingüíns é das maiores do Chile austral, cunhas 60 mil parellas de pingüíns de Magallanes.[1]

No tocante á flora, destacan o coigüe de Chiloé e Magallanes, o ciprés das Guaitecas, o canelo ou o tineo.[3][4]

Habitantes editar

A illa Magdalena é parte do territorio tradicional do pobo chono, unha cultura nómade que empregaba as canoas para navegar as illas e canles da rexión, entre o sur de Chiloé e a pensínsula do Taitao.[3]

Na actualidade, o único lugar con presenza humana é un posto de pescadores coñecido como Porto da Gaivota, ao sur da illa.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Parque Nacional "Isla Magdalena" - SIMBIO". simbio.mma.gob.cl. Consultado o 2023-12-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Parque Nacional Isla Magdalena – Experiencia Austral" (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 raimundo (2018-06-08). "Parque Nacional Isla Magdalena". La Ruta de los Parques (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 
  4. 4,0 4,1 "Parque Nacional Isla Magdalena". Fundación Rewilding Chile (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar