Illa King, Columbia Británica

A illa King (en lingua nuxalk: Nuxalknalus) é unha illa deshabitada na costa da provincia canadense da Columbia Británica. Está situada ao sur da canle Dean e ao redor de 20 km ao leste de Bella Bella. Outras illas separan a illa King do mar aberto na Enseada da Raíña Carlota.

Illa King
Nuxalknalus
Illa King en Canadá
Illa King
Illa King
Localización da illa
Situación
País Canadá
MarOcéano Pacífico
Coordenadas52°12′N 127°36′O / 52.200, -127.600Coordenadas: 52°12′N 127°36′O / 52.200, -127.600
Xeografía
Superficie808 km²
Longura máxima100 km.
Largura máxima20 km.
Punto máis alto1.679 m. Farquhar Peak
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Etimoloxía editar

No idioma de Nuxalk o nome da illa é Nuxalknalus, "centro do Territorio Nuxalk".[1] O nome de illa King púxollo en 1793 George Vancouver, na honra do Capitán James King, baixo o cal Vancouver servira como gardamariña no Discovery durante a última parte da terceira viaxe de James Cook.[2]

Xeografía editar

A illa King está separada do continente pola canle Dean ao norte, a canle Burke ao sur, e a canle Labouchere ao leste. A canle Fisher, esencialmente unha extensión da canle de Dean, separa a illa King de varias illas ao oeste, incluíndo a illa de Denny e a Illa Hunter. A canle Fisher e a canle Burke únense ao extremo sur da illa King, converténdose no estreito Fitz Hugh.

Ten unha superficie de 808 km², polo que é a sétima illa máis grande da Columbia Británica.[3]


Notas editar

  1. "Nuxalk Nation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2000. Consultado o 1 de decembro de 2019. 
  2. "King Island". Goberno da Columbia Británica (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2019. 
  3. "The Atlas of Canada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2006. Consultado o 1 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar