A Illa Goli (en croata: Goli Otok,[1][2] literalmente "illa estéril" ou "illa árida") é unha illa fronte á costa norte do Adriático. Está situada entre o litoral nordés da illa de Rab e o continente, no actual condado de Primorje-Gorski Kotar, Croacia. A illa é árida e está deshabitada. A costa norte é case completamente despexada, mentres que o sur ten unha pequena cantidade de vexetación e algunhas calas.

Desde os inicios de Iugoslavia até o seu peche en 1956, a illa foi unha prisión para líderes políticos. O cárcere estivo baixo secreto até que se descubriron as condicións inhumanas dos reclusos e se pechou o cárcere. Os presos debían facer traballos ao aire libre durante unhas doce horas, despois durmían nas súas celas seis horas e as outras seis eran tempo libre e as comidas. Hoxe en día só viven pastores na illa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar