Illa Fallen Jerusalem

Fallen Jerusalem, Xerusalén derruída (antigamente en español Isla de la Ciudad Arruinada[1] e en inglés: Fallen Jerusalem Island)[2][3] é unha illa deshabitada das Illas Virxes Británicas no Caribe, situada ao sur de Virgin Gorda. Obtivo o seu nome do gran número de cantos volcánicos de gran tamaño que están espallados pola illa (algúns dos cales pesan miles de toneladas) que lle dan a vaga semellanza dunha cidade destruída. Declarouse santuario de vida salvaxe en 1959.[4]

Fallen Jerusalem
Vista aérea
Localización da illa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Virxes
MarMar Caribe
Coordenadas18°25′00″N 64°27′05″O / 18.41667, -64.45139Coordenadas: 18°25′00″N 64°27′05″O / 18.41667, -64.45139
Xeografía
Superficie0,19 km²
Punto máis alto4 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Fallen Jerusalem. Parte de Virgin Gorda é visible a esquerda.

Notas editar

  1. Gonzalo de Murga y Mugartegui. 1863. Derrotero de las Islas Antillas y de las costas orientales de América.
  2. http://mapcarta.com/19500972
  3. http://www.bvivacation.com/sun-scenic-spa/fallen-jerusalem-national-park-British-Virgin-Islands.php
  4. "Fallen Jerusalem National Park". bvitourism.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar