Illa Benjamín
Illa Benjamín é unha illa situada ao norte do Arquipélago dos Chonos en Chile. A súa superficie é de 618 km², o que a converte na 22ª máis grande de Chile.
Illa Benjamín | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Chile |
Rexión | Rexión de Aisén |
Arquipélago | Arquipélago dos Chonos |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 45°07′00″S 74°16′00″O / -45.11667, -74.26667Coordenadas: 45°07′00″S 74°16′00″O / -45.11667, -74.26667 |
Xeografía | |
Superficie | 618 km² |
Esta grande illa trapezoidal ten 37 km de leste a oeste e 16 km de norte a sur. Ao norte, a illa está rodeada polas augas do Canle King, ao leste polo Canle Pérez Sur, ao sur polo Canle Bynon e ao oeste polo Canle Memory.
A illa é montañosa. Na súa parte norte atópanse tres picos de 731, 752 e 792 metros sobre o nivel do mar. Na súa parte leste está o punto máis alto da illa (923 metros) mentres que no seu centro, unha pequena cadea montañosa inclúe tres picos de 752, 883 e 487 metros.
As súas costas son empinadas. No noroeste da illa, o pequeno porto de Puerto Róbalo permite o acceso por mar.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Benjamín |