Illa Bear, Antártida

A illa ou illote Bear ou illa do Tenente González é unha illa rochosa a menos de 1 milla ao oeste da illa Stonington na baía Margarida, da costa da Terra de Graham na Antártida.

Illa Bear
Ant-pen map.png
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida
MarOcéano Glacial Antártico
Coordenadas68°18′S 67°06′O / -68.300, -67.100Coordenadas: 68°18′S 67°06′O / -68.300, -67.100
Xeografía
Superficie25 km²
Longura máxima5 km.
Largura máxima5 km.
Punto máis alto385 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Crese que a illa Bear foi descoberta pola Expedición Británica á Terra de Graham (BGLE) (1934 - 1937) comandada por Rymill e pola expedición do Servizo Antártico dos Estados Unidos (USAS) (1939 - 1941) ao mando de Byrd, ambas operaron na área da illa Stonington. A illa Bear foi explorada en 1947 polo British Antarctic Survey (FIDS), quen a chamou así en honra ao USS Bear, o buque insignia do Servizo Antártico dos Estados Unidos (USAS), a expedición que visitou a área en 1940. Unha expedición chilena en 1947 sinalou un illote que coincide aproximádamente coas coordenadas de Bear, dándolle o nome de illa Tenente González, en honra do tenente Jorge González Baeza, quen integraba a expedición.

Reclamacións territoriaisEditar

Arxentina inclúe á illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes:

  • Arxentina: islote Bear
  • Chile: islote Bear
  • Reino Unido: Bear Island