Ildefonso Feijoo del Río

político galego

Ildefonso Feijoo del Río, finado en Vigo en xullo de 1903, foi un político galego.

Infotaula de personaIldefonso Feijoo del Río
Biografía
Mortexullo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vigo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militou no Partido Republicano Federal. Foi concelleiro en Vigo e na Primeira República Española foi elixido alcalde de Vigo en 1873.[1] En 1882 foi o representante da provincia de Pontevedra na I Asemblea Federal de Madrid. Con Federico Tapia, delegado pola Coruña, e Telesforo Ojea Somoza, representante de Lugo, presentou varios relatorios á Asemblea. Foi presidente do Comité provincial do Partido Republicano Federal.[2] Finou en Vigo en xullo de 1903.[3]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Valdés Sotomayor e foi pai de Ildefonso Feijoo Valdés.

Notas editar

  1. Vigo recupera la corona que guardaba en el archivo
  2. La República, 17-2-1888, p. 2.
  3. El Noroeste, 24-7-1903, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Tato, Isidro (1990). Telesforo Ojea y Somoza Vida e ideología de un republicano federal (1858-1890). O Barco de Valdeorras: Instituto de Estudios Valdeorreses.