A igrexa de Sundre (sueco: Sundre kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Sundre, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Sundre
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónSundre
Coordenadas56°56′09″N 18°10′55″L / 56.93589, 18.18184Coordenadas: 56°56′09″N 18°10′55″L / 56.93589, 18.18184
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A igrexa foi construída orixinalmente para unha gran facenda. O primeiro edificio foi levantado a comezos do século XII e era de madeira. Un feixe de restos pintados desa igrexa consérvanse no Museo de Gotland en Visby. Foron pintados por un artista ruso e representa escenas do Xuízo Final. Especulouse sobre se os restos eran orixinalmente partes dun iconostasio, debido a súa orixe rusa, pero probablemente son os restos dun teito.[1]

A primeira igrexa foi derrubada a comezos do século XIII e substituída polo presente edificio de pedra de estilo románico. Antes diso, porén, construíuse unha torre defensiva preto da igrexa das cales aínda están as ruínas. Probablemente serviu de refuxio para a congregación en tempos de perigo ou guerra. A torre da igrexa engadíuse a mediados do XIII.[1][2]

Dende a idade media non houbo grandes alteracións na súa estrutura agás polo engadido da sancristía. No ano 1931 levouse a cabo unha restauración, e entre 1969 e 1970 o edificio foi novamente restaurado.[2]

Durante un longo período da súa historia a igrexa funcionou como unha axuda á navegación para os mariñeiros, xa que está situada nunha altura non moi lonxe do mar. Aparece como tal nun libro de navegación neerlandés de 1627.[1]

Arquitectura editar

A igrexa está construída con arenita local, agás polos portais de entrada que foron executados con calcaria máis resistente. É unha igrexa románica relativamente homoxénea. O seu interior está decorado cunha serie de frescos medievais que representan a Paixón de Cristo. Tamén se conservan algunhas esculturas medievais de madeira, incluída unha cruz triunfal do século XV. Quizais a peza máis pouco común da igrexa é un órgano que data de 1370 e que no presente se atopa no Museo de Gotland en Visby. Segundo unha inscrición en latín, foi realizado por un mestre chamado Verner de Brandenburgo. Representa os escudos de armas que se interpretaron como os de dez granxas da parroquia.[1][2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 215–216. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 248–250. ISBN 9129410355.