Igrexa de Santiago de Cigales

A Igrexa de Santiago é un templo parroquial Católico situado en Cigales, (Provincia de Valladolid, España), ten planta de salón con tres naves de igual altura, mais ancha a central, separadas por piares cilíndricos sobre baseamentos octogonais, basas áticas e capiteis toscanos, e cabeceira formada por tres ábsidas semicirculares.

Igrexa de Santiago
Datos xerais
PaísEspaña
TipoParroquia
AdvocaciónSantiago
LocalizaciónCigales, Castela e León, España
Coordenadas41°45′29″N 4°41′59″O / 41.758055555556, -4.6997222222222Coordenadas: 41°45′29″N 4°41′59″O / 41.758055555556, -4.6997222222222
CatalogaciónBen de Interese Cultural
8 de outubro de 1964
Culto
DioceseValladolid
Arquitectura
Construción1535-1637
EstiloHerreriano, Renacemento
IdentificadorRI-51-0001625
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago tamén é chamada popularmente como Catedral do Viño.

Historia editar

A igrexa de Santiago comézase a construír en 1535 sobre un templo anterior, de menor tamaño, de paredes e bóvedas de canteira, con estrutura de tres naves, torre con campanario e varias capelas.

A construción do templo actual presenta unha formulación unitaria aínda que responde a etapas perfectamente definidas: A primeira fase, 1535-1590, corresponde á construción da cabeceira e primeiro tramo da nave e ventanais, a cuxo fronte estivo Juan de Sarabia baixo proxecto de Rodrigo Gil de Hontañon.

 
Vista dende as aforas.

A segunda fase, 1591-1637, na que se constrúen o resto das naves, as bóvedas, a fachada de Santiago e a de San Xoán e parte da torre norte. Ó fronte da obra están Diego de Praves e o seu fillo Francisco. A terceira fase, 1768-1772, na que se fai o coro, as bóvedas do coro e o sotocoro, a portada de Poente e a torre sur.

O exterior caracterízase pola súa monumentalidade. A fachada principal, en estilo herreriano, é obra de Diego de Praves. Consta dun corpo central dividido en dous pisos mediante unha gran cornixa, o piso inferior, con arco de medio punto que acolle unha porta alintelada, rematada en cornixa a modo de dosel, e o superior, repetindo o mesmo esquema con fiestra alintelada. Rematando o conxunto, un frontón cunha cruz e bolas herrerianas sobre pedestais nos vértices.

A ambos lados sitúanse dúas torres de catro corpos, o superior destinado ó campanario con dobres ocos de medio punto por cada lado e unha sinxela varanda de ferro, que rematan con cúpula, lanterna, cupulín, cruz de forxa de ferro e viraventos.

A portada sur, a de Santiago, foi construída entre 1591 e 1606 baixo a dirección e planos de Diego de Praves. Trátase dunha portada composta de dous corpos separados por entallamento e rematados en frontón. O corpo inferior consta dun grande arco triunfal de medio punto que acolle unha porta alintelada, franqueada por pares de columnas con fornelas con imaxes de San Pedro e San Pablo nos intercolumnios. O corpo superior, repetindo o mesmo esquema, presenta un altorrelevo de Santiago Matamoros na fornela central. Remata o conxunto un frontón triangular con óculo no tímpano, encima das bolas herrerianas sobre o pedestal.[1]

Interior editar

Retablo Maior editar

Retablo de estilo Barroco e eucarístico, ano 1666, dividido en tres rúas e dous corpos. Dourados e estufados obra de Xoán das Portas en 1683. A rúa central conten un altorrelevo de Santiago e nas rúas laterais conteñen esculturas de San Pedro e San Pablo, obras do taller de Gregorio Fernández.

Retablo de Santa Mariña editar

Retablo de estilo rococó, ano 1758, a fornela central con imaxe barroca de Santa Mariña, ano 1757, e ós lados, imaxe de San Pedro Regalado, S. XVIII. e San Andrés, ano 1817.

Capela de San Xoán editar

Capela obra de Francisco de Bierna construída en 1614 con bóveda de aresta adornada con rameados espiñosos. Conta cun retablo renacentista do último terzo do século XVI, dedicado á Nosa Señora das Dolores. O retablo principal, de 1758, é de estilo rococó con estípites, dedicado a San Xoán Bautista.

Notas editar

  1. Esta fachada serviu de inspiración para a fachada sur da Catedral de Nosa Señora da Asunción en Valladolid.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar