Igrexa de Santa Materiana de Tintagel

A igrexa de Santa Materiana de Tintagel é un templo relixioso, igrexa parroquial de Tintagel, na diocese de Truro, en Cornualles. Sitúase nos cantís entre Tintagel e o castelo de Tintagel, e está listado como edificio de excepcional interese (Grade I).[1]

Igrexa de Santa Materiana de Tintagel
Tintagel church 1.jpg
Vista xeral
Datos xerais
TipoIgrexa
AdvocaciónSanta Materiana
Coordenadas50°39′47″N 4°45′35″O / 50.663, -4.7597Coordenadas: 50°39′47″N 4°45′35″O / 50.663, -4.7597
Culto
CultoAnglicano
DioceseTruro
Arquitectura
Construciónséculos XI-XII
editar datos en Wikidata ]
Pía bautismal.

HistoriaEditar

O templo orixinal foi construído posiblemente no século VI, fundado como igrexa dependente da de Minster. Estas dúas son as únicas consagradas a Materiana.[2]

O templo actual foi construído a finais do século XI ou comezos do XII. O historiador da arte Nikolaus Pevsner suxeriu en 1950 que a arquitectura da era normanda inclúe algúns elementos saxóns, mentres que a torre podería ser do século XIII ou XV.[3][4][5] En 1870 levouse a cabo unha restauración vitoriana da man de James Piers St Aubyn, na que se construíu un novo tellado. Posteriormente mudouse o órgano en dúas ocasións (orixinalmente situado nun oco no norte do presbiterio; levouse primeiro ao centro da área occidental, e despois á esquina noroeste da nave; desde 2016, non obstante, úsase un órgano electrónico) e instaláronse novas videiras con imaxes de santos, como Materiana, San Xurxo e San Piran. Na igrexa hai un miliario romano datado no ano 324 co nome do emperador Licinio (d. 324). A torre ten seis campás, de entre 1735 e 1945.[6]

NotasEditar

  1. D. L. Flower. "Tintagel Web" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2009. 
  2. Canner, A. C. (1982): The Parish of Tintagel. Camelford: A. C. Canner, pp. 5-6
  3. Pevsner, N. (1970) Cornwall, 2nd ed. Penguin Books; p. 219.
  4. Sedding, Edmund H. (1909): Norman Architecture in Cornwall: a handbook to old ecclesiastical architecture. London: Ward & Co.; pp. 382-388
  5. Cornish Church Guide (1925) Truro: Blackford; pp. 203-206
  6. Canner (1953); p. 9

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Canner, A. C. (1953): The Ancient Parish Church of Tintagel: a new guide. Tintagel: [P. C. C.] (There are many later editions.)