Igrexa de San Xulián de Astureses
A igrexa de San Xulián de Astureses é a igrexa parroquial de Astureses, no concello de Boborás. É unha igrexa románica do século XII, de reducidas dimensións e bastante ben conservada.
Igrexa de San Xulián de Astureses | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Astureses | |
País | España |
Localización | Astureses (Boborás) |
Coordenadas | 42°26′45″N 8°06′43″O / 42.44583333, -8.11194444 |
Estilo | Arte románica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA igrexa, que puido fundarse no ano 1164 segundo data inscrita detrás do retablo principal. Segundo consta documentalmente, só está acreditada a presenza no lugar da Orde do Santo Sepulcro, adquirindo grande importancia a mediados do século XV por ser cabeceira de encomenda ata que é substituída pola Orde de San Xoán de Xerusalén, pasando a depender entón da encomenda de Pazos de Arenteiro.
Características
editarDo antigo conxunto orixinal unicamente se mantén en pé a igrexa románica, de finais do século XII, ben conservada. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave, formada por catro corpos limitados por grosos contrafortes que apenas sobresaen do muro exterior simulando columnas. Sobre a nave unha cuberta de madeira a dúas augas. Tamén é de madeira o coro alto, de feitura posterior, que ocupa o primeiro tramo e parte do segundo da nave. A cabeceira rematada en tres ábsidas semicirculares, a central destacada, ábrese ao exterior a través de estreitos e espigados vans con arcos de medio punto sostidos por seis pequenas columniñas. Dos capiteis nacen arcos faixóns levemente apuntados e cunha lixeira tendencia á ferradura, sobre os cales pode que anteriormente estivese apoiada unha bóveda de canón, mais na actualidade só se preservan os arranques até a altura dos beirados exteriores[1].
No exterior decoracións vexetais e motivos xeométricos e representacións de animais e seres fantásticos.
Dúas portas serven de aceso ó templo. A do norte cun arco de medio punto reformado partindo dun primitivo arco composto que recorda ó estilo mozárabe. A porta principal destaca pola súa sinxeleza. A súa iconografía é pobre e simple, decorando os seus capiteis e tímpano con motivos vexetais e xeométricos.
Notas
editar- ↑ Castillo López, Ángel del (1972). Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (en castelán). Editorial de los Bibliófilos Gallegos.