Igrexa de Follingbo

igrexa de Suecia

A igrexa de Follingbo (sueco: Follingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Follingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Follingbo
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónGothem
Coordenadas57°34′56″N 18°22′59″L / 57.582337, 18.383067
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura

editar

As partes máis antigas da igrexa de Follingbo son a nave e a torre. Estas datan de ao redor do ano 1200 e xuntas forman un pouco común conxunto moi logrado de arquitectura románica en Gotland. Aínda que carecen de esculturas ornamentais, a torre e a nave están ben proporcionadas e están executadas dun xeito moi profesional. O coro é posterior, de finais do século XIII, e de estilo gótico tamén pouco común para o seu tipo. O coro substituíu a outro anterior románico cunha ábsida. Porén, o presente ten un muro oriental recto, adornado cunha única fiestra de trazaría na cal se se conservan algúns paneis de vidreiras medievais.[1] A sancristía foi construída entre os ano 1820 e 1821.[2]

No seu interior a igrexa ten un teito pintado, decorado a finais do século XVII. A meirande parte do seu mobiliario é tamén dos séculos XVII e XVIII. Unha excepción é a pía bautismal, que é medieval.[1]

A igrexa foi restaurada entre os ano 1955 e 1956.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 140–142. ISBN 9129410355. 
  2. Region Gotland (ed.). "Follingbo kyrka". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.