Igrexa de Finlayson
A igrexa de Finlayson (en finés Finlaysonin kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no barrio de Finlayson, na área da antiga factoría de Finlayson, no centro da cidade. O edificio de ladrillo foi construído en 1879 en estilo neogótico e deseñado por F. L. Calonius.
Igrexa de Finlayson | |
---|---|
A igrexa de Finlayson. | |
Datos xerais | |
País | Finlandia |
Rexión | Pirkanmaa |
Tipo | Igrexa |
Localización | Finlayson, Tampere |
Coordenadas | 61°30′08″N 23°45′18″L / 61.50222, -23.75500 |
Culto | |
Culto | Igrexa evanxélica luterana de Finlandia |
Diocese | Diocese of Tampere |
Arquitectura | |
Construción | 1879 |
Arquitectos | F. L. Calonius |
Estilo | Neogótico |
Páxina web | tampereenseurakunnat.fi |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA compañía Finlayson naceu en Tampere en 1820.[1] Dende esa década, a construción da factoría involucrou tamén a construción doutros edificios de carácter social como un orfanato, unha escola, un hospital, unha caixa de aforros e a súa propia igrexa. O encargado da súa construción foi o daquela arquitecto municipal de Tampere F. L. Calonius. A construción do edificio tivo lugar entre os anos 1878 e 1879.[2]
Notas
editar- ↑ "Finlaysonin alueen historiaa" (en finés). Finlayson. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Finlaysonin kirkko" (en finés). Museovirasto. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Finlayson |