Igrexa de Fide

igrexa de Suecia

A igrexa de Fide (sueco: Fide kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fide, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Fide
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónFide
Coordenadas57°04′25″N 18°18′59″L / 57.07374, 18.3163Coordenadas: 57°04′25″N 18°18′59″L / 57.07374, 18.3163
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A igrexa de Fide data do século XIII. As súas partes máis antigas son a nave e o coro, mentres que a torre foi engadida pouco despois. Porén, a lanterna do teito, que lle dá á parte superior da torre a súa peculiar forma, é considerablemente posterior, do ano 1826.[1]

A igrexa atópase nun infrecuentemente ben conservado cemiterio medieval que está rodeado por un muro baixo no cal hai aínda tres portas medievais. O material de construción da igrexa é arenita. O exterior da igrexa é bastante estéril, pero aínda conserva as fiestras orixinais, que nunca foron ampliadas.[1]

No seu interior, a igrexa está decorada con frescos de dous períodos distintos. Os máis vellos son de principios do século XV e inclúe motivos relixiosos e unha inscrición en latín que foi interpretada como un lamento da batalla de Visby en 1361. O tradución do texto é: "O campo quimase e os homes choran, golpean e sofren baixo a espada". Os outros, un pouco posteriores, son un conxunto de frescos que representan escenas da Paixón de Cristo e foron atribuídos a un pintor de frescos anónimo coñecido como Passionsmästaren (Mestre da Paixón de Cristo). Entre o mobiliario destaca o retablo medieval, de principios do século XV. A igrexa ten tamén unha cruz triunfal da época da construción do edificio, e un dos púlpitos máis antigos de Gotland, do ano 1587.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. p. 136. ISBN 9129410355.