Igrexa Ceibe de Tonga

A Igrexa Ceibe de Tonga (en tongano: Siasi ʻo Tonga tauʻatāina; en inglés: Free Church of Tonga) é unha igrexa en Nukuʻalofa, a capital de Tonga. A igrexa foi establecida en 1885 polo Rei George Tupou I (antes Taufa'ahau Tupou I) e o Reverendo Shirley W. Baker. Orixinalmente co nome de A Igrexa Wesleyana Ceibe de Tonga, converteuse na igrexa oficial do Estado.

Igrexa Ceibe de Tonga
Vista da Igrexa
Tipo Igrexa
Localización Tonga Nukuʻalofa
Culto Metodismo
Construción 1885

A Raíña Salote e Rei Tupou IV foron bautizados na Igrexa Libre de Tonga. Os intentos de re-unificación en 1924 da Misión Wesleyana e a Igrexa Ceibe realizados pola Alteza Real a Raíña Salote na Igrexa Wesleyana ceibe de Tonga[1] remataron con protestas.

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2013.