Ignacio Fernández Sarasola

xurista e profesor asturiano

Ignacio Fernández Sarasola, nado en Xixón en 1969[1], é un profesor e investigador español, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Oviedo, especializado no estudo da historia constitucional de España[2].

Ignacio Fernández Sarasola
Nacemento1970
Lugar de nacementoXixón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónescritor e profesor universitario
Na rede
Dialnet: 117202
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no Instituto Jovellanos da súa cidade natal e comezou os estudos de Dereito na correspondente facultade da Universidade de Oviedo no ano 1988, ingresando no departamento de Dereito Constitucional ao rematar os estudos. Foi alumno do constitucionalista Joaquín Varela Suanzes-Carpegna[3]. Actualmente é un dos maiores expertos no estudo da Constitución española de 1812, a coñecida como A Pepa.

O 25 de outubro de 2017 incorporouse como membro de número á Real Academia Asturiana de Jurisprudencia[4].

Vida persoalEditar

É irmán do concelleiro e voceiro de Ciudadanos no Concello de Xixón, José Carlos Fernández Sarasola.

ObraEditar

  • Poder y libertad: los orígenes de la responsabilidad del Ejecutivo en España (1808-1823) (2001)[5]
  • Valentín de Foronda. Escritos políticos y constitucionales (2002)[5]
  • La función de Gobierno en la Constitución española de 1978 (2002)[5]
  • Proyectos constitucionales en España (1786-1824) (2004)[5]
  • La Constitución de Bayona (1808) (2007)[5]
  • Los partidos políticos en el pensamiento español. De la Ilustración a nuestros días (2009)[6][7]
  • Estudios sobre el republicanismo en España. Luchas políticas, constitucionalismo y alcance sociocultural, co-autor xunto a Sergio Sánchez Collantes (2017)[8]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fuentes, Juan Francisco (2010). "Fernández Sarasola, Ignacio: Los partidos políticos en el pensamiento español. De la Ilustración a nuestros días". Hispania: Revista española de historia (en castelán) (Madrid: Marcial Pons Historia) 70 (234): 261–264. ISBN 978-84-96467-95-8. ISSN 0018-2141. 
  • González Hernández, Esther (2010). "Fernández Sarasola, I.: Los partidos políticos en el pensamiento español, de la ilustración a nuestros días". Teoría y realidad constitucional (25): 677–685. ISSN 1139-5583.