Ignacio Bolívar y Urrutia

Ignacio Bolívar y Urrutia, nado en Madrid o 9 de novembro de 1850 e finado en Cidade de México o 19 de novembro de 1944, foi un naturalista e entomólogo español, investigador e impulsor do desenvolvemento da ciencia biolóxica.[1]

Modelo:BiografíaIgnacio Bolívar y Urrutia

(1935) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Presidente Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas
1934 – 1939
← Santiago Ramón y CajalSupresión do cargo →
Director Real Xardín Botánico de Madrid
1921 – 1930
Presidente de honra Real Sociedade Española de Historia Natural
1920 –
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Director Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) Traducir
1901 – 1934 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático (1877–1920), entomólogo, zoólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central
Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosAntón Vila Nadal Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBolívar Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCándido Bolívar Pieltáin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiccionario biográfico español Editar o valor en Wikidata
BNE: XX860869

Traxectoria

editar

Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Naturais e en 1875 obtivo praza de profesor na Universidade Central de Madrid, onde foi designado catedrático de Entomoloxía en 1877. Vinculado ao krausismo, presidiu a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas de Madrid e a Real Sociedad Española de Historia Natural e foi membro da Real Academia Española (1930), da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1944) e de diversas sociedades científicas de Europa e América. Tamén foi director do Museo de Ciencias Naturales e do Real Jardín Botánico de Madrid. Aos 89 anos marchou ao exilio (en 1939) a México, xunto co seu fillo, tamén entomólogo, Cándido Luis Bolívar y Pieltáin. Neste país foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México despois dunha extraordinaria labor académica e de colaboración científica que mantivo durante cinco anos, o tempo que pasou dende a súa chegada ata o seu pasamento, á idade de 94 anos.[2]

Consagrouse principalmente ao estudo da entomoloxía, na que acadou un gran prestixio internacional. Neste campo escribiu máis de 300 libros e monografías e descubriu máis de mil especies novas e uns 200 xéneros novos. Ademais, animou a adicarse á entomoloxía a grandes científicos como José María de la Fuente e Eugenio Morales Agacino.[3]

Fundou en México en 1940, con outros exiliados españois, a revista Ciencia, revista que é, a partir de 1980, o órgano oficial da Academia Mexicana de Ciencias. Tamén foi presidente da Unión de Profesores Universitarios Españoles en el Extranjero.[2] Entre as súas obras máis importantes figuran: Ortópteros de España nuevos o poco conocidos (1873) e Catálogo sinóptico de los ortópteros de la fauna ibérica (1900).

O 30 se xaneiro de 2019 foi rehabilitado polo goberno, devolvéndolle o diploma académico arrebatado polo réxime de Franco.[4]

  1. Gomis Blanco, A. Ignacio Bolívar y las ciencias naturales en España. CSIC, Madrid, (1988).
  2. 2,0 2,1 Paralelo 21, ed. (2010). 200 Mexicanos que nos Heredó el Mundo (Instituto Nacional de Migración/ Centro de estudios migratorios. ed.). p. 259. ISBN 9786077891024. Las 200 personalidades incluidas aquí destacaron por sus notables contribuciones a México. Todas ellas nacieron en el exterior y se arraigaron en el país por diversos motivos y razones.... 
  3. Morales Agacino, Eugenio (2001). Organismo Autónomo de Parques Nacionales, ed. Memorias de un naturalista. Madrid. p. 276. ISBN 84-8014-302-9. 
  4. "España homenajea a siete científicos represaliados por Franco y les devuelve su diploma académico". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-30. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar