Condado de Ida-Viru

condado da Estonia
(Redirección desde «Ida-Virumaa»)

Ida-Virumaa (en estoniano maakond, "Viru oriental") é un dos 15 condados da Estonia, situado na parte nororiental do país, na fronteira con Rusia e de cara ao Golfo de Finlandia. Con 175.406 habitantes (xaneiro de 2006) sobre o 13% do total do país, é o segundo condado máis poboado cunha superficie de 3.364 km². Esta rexión é de todo punto particular e radicalmente diferente do resto do país. Ela coñeceu, a partir da segunda guerra mundial, unha industrialización baseada na explotación dos xacementos de lousa bituminosa, que se acentuou a partir da ocupación soviética, facendo nacer cidades mineiras e marcando para sempre a paisaxe. As minas de uranio de Sillamäe conduciron os soviéticos a estableceren un dos principais centros de investigación atómica da URSS. A composición étnica é igualmente singular no contexto estoniano, froito da política de desprazamentos de poboación do período estalinista. A rexión conta actualmente cun 71% de rusos, 6% de habitantes doutras repúblicas ex-soviéticas e sobre un 20% de estonianos. Os rusófonos non sempre posúen a nacionalidade estoniana, e a súa situación é un problema recorrente da política interior do país, así como das relacións co seu veciño oriental, Rusia.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Ida-Viru
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°13′00″N 27°18′00″L / 59.216666666667, 27.3Coordenadas: 59°13′00″N 27°18′00″L / 59.216666666667, 27.3
PaísEstonia Editar o valor em Wikidata
CapitalJõhvi Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación133.358 (2023) Editar o valor em Wikidata (44,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.971,55 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2EE-45 Editar o valor em Wikidata

Paisaxe do condado de Ida-Viru

Goberno rexional editar

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Subdivisións administrativas editar

O condado de Ida-Viru está dividido en 23 concellos: seis urbanos (en estoniano linn, unha sétima cidade, Jõhvi, que é a capital do condade forma parte dun concello rural) e dezaseis concellos rurais (en estoniano vald).

Concellos urbanos editar

 
Concellos no condado de Ida-Virumaa

Concellos rurais editar