Icky Thump

Icky Thump é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The White Stripes. Foi editado o 15 de xuño do 2007 en Alemaña, o 18 no resto de Europa e o 19 no resto do mundo. Trátase do primeiro álbum da banda co selo Warner Bros. Records.

Icky Thump
Álbum de The White Stripes
Publicado15 de xuño do 2007
Gravaciónfebreiro do 2007
Estudio(s)Blackbird Studio, Nashville
Duración47:44
Xénero(s)indie rock, garage rock, garage punk, punk blues, blues-rock
Selo(s)Third Man/Warner Bros.
Producido porJack White
Cronoloxía
Get Behind Me Satan Icky Thump Under Great White Northern Lights

Icky Thump entrou na lista británica de álbums no número 1 e estreouse no segundo posto da estadounidense Billboard 200, con 223.000 copias vendidas. A finais de xullo o álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos. En febreiro do ano 2008 Icky Thump gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa, e un mes máis tarde levaba vendidas 725.000 copias nos Estados Unidos.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas compostos por Jack White, agás onde se indiquen.

  1. "Icky Thump" – 4:17
  2. "You Don't Know What Love Is (You Just Do as You're Told)" – 3:54
  3. "300 M.P.H. Torrential Outpour Blues" – 5:28
  4. "Conquest" (Corky Robbins) – 2:48
  5. "Bone Broke" – 3:14
  6. "Prickly Thorn, But Sweetly Worn" – 3:05
  7. "St. Andrew (This Battle Is in the Air)" – 1:49
  8. "Little Cream Soda" – 3:45
  9. "Rag and Bone" – 3:48
  10. "I'm Slowly Turning Into You" – 4:34
  11. "A Martyr for My Love for You" – 4:19
  12. "Catch Hell Blues" – 4:18
  13. "Effect and Cause" – 3:00