Icel de Mercia
Icel (ou Icil) foi un dos primeiros reis de Mercia, unha do seis rexións ou reinos da heptarquía anglosaxoa, no que agora é Inglaterra, na rexión Central.
Icel de Mercia | |
---|---|
Nacemento | 501 |
Falecemento | século VI |
Pai | Eomer |
Fillos | Cnebba de Mercia |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Situación de Mercia.
TraxectoriaEditar
De acordo cunha xenealoxía foi bisavó de Creoda de Mercia e fillo de Eomer, último rei dos anglos en Angeln. Icel conduciu o seu pobo a través do Mar do Norte a Britannia e deu o seu nome aos Iclings (ou Icelingas), a dinastía gobernante de Mercia.
Probabelmente estivo activo no período 510-535, período descrito nas Flores Historiarum de Roger de Wendover e Mateo de París. Alí infórmase que
os pagáns viñeron de Alemaña e ocuparon a Anglia Oriental... algúns dos cales invadiron Mercia e loitaron moitas batallas cos ingleses.
O seu fillo foi Cnebba.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Kirby (1992). Kirby (1992). The Earliest English Kings (en inglés). Routledge. ISBN 0-415-09086-5.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |