Iain Colquhoun
fotógrafo inglés
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Iain Colquhoun, nado en Gloucestershire, Inglaterra o 25 de setembro de 1948, é un fotógrafo inglés residente en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1948 (75 anos) Gloucestershire, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarTras pasar a súa xuventude en Londres, estudou artes gráficas e comezou a súa vida laboral traballando como corrector de probas nunha editorial en Oxford, antes de volver a Londres para traballar nunha editorial como deseñador de libros e despois nunha axencia de publicidade. Despois de varios anos de traballo, decidiu irse a vivir no campo, onde se embarcou no oficio de carpinteiro.
En 1982 visitou Galicia por primeira vez, casou en 1983 cunha galega e mudouse a vivir definitivamente en Galicia en 1991.
É afeccionado á fotografía dende moi novo.
Libros publicados
editarFotografía
editar- Galicia Rural, 2011, Morgante.
- O pouso do tempo, 2011, Morgante.