Instituto Enerxético de Galicia

(Redirección desde «INEGA»)

O Instituto Enerxético de Galicia (coñecido co acrónimo INEGA) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1999 e que se rexe basicamente pola Lei 3/1999, do 11 de marzo ao abeiro das competencias que outorga o artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[1] Dende a súa constitución, defínese coma ente de dereito público, con personalidade xurídica e patrimonio propios. A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

Instituto Enerxético de Galicia
Sede do INEGA en Santiago de Compostela
Fundación:1999, Santiago de Compostela.
Presidente:Eliseo Diéguez García
http://www.inega.gal/

A súa razón de ser é a de regular e harmonizar a utilización dos diferentes recursos enerxéticos do País, coa fin de reducir na medida do posíbel a dependenza económica enerxética exterior.

Dende 2009 o seu presidente é Eliseo Diéguez García.[2]

Obxectivos

editar

Segundo establece a Consellería de Economía e Industria, os obxectivos do INEGA son:

  • O fomento e o pulo de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia.
  • O estudo e o apoio de actuacións para o seu coñecemento.
  • O desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías (incluídas as renovábeis).
  • A mellora do aforro e a eficiencia.
  • O fomento do uso racional da enerxía.
  • A óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos eidos económicos de Galicia.
  • A participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ó enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.
  1. BOPG (ed.). "Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2014. 
  2. "Eliseo Diéguez, novo presidente do INEGA.". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar