II Asemblea Nacionalista
asemblea do nacionalismo galego
A II Asemblea Nacionalista celebrouse en Santiago de Compostela os días 7, 8 e 9 de novembro de 1919 para debater, entre outros temas, o da autuación políteca.
II Asemblea Nacionalista | |
---|---|
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
DesenvolvementoEditar
A Mesa, a proposta de Xaime Quintanilla, quedou constituída por Antón Villar Ponte, como presidente, e Xesús Culebras e Tomás Rodríguez como vocais. Interveu Peña Novo e despois presentáronse tres proposicións: a reforma da lei Electoral, con implantación do sistema proporcional nas eleccións a deputados a Cortes; a rápida construción do ferrocarril da costa e a posta en vigor do suprimido decreto de Besada sobre os Consumos.
Vicente Risco logrou que se aprobase a seguinte conclusión:
Os nazonalistas, agora como decote, coidan que o problema galego é un problema de persoalidade, de libertade e de dinidade. Queren todalas descentralizacións políticas e administrativas, mais entenden que ainda conqueridas estas descentralizacións... o problema nazonalista ficaría sen resolvere. Soio ha ter resolución cando sexamos donos dunha persoalidade propia basada no trunfo dunha propia cultura, que nos independice das culturas alleas.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Ínsua, Emilio Xosé (2016). A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-201-7.
- Artigos "Irmandandes da Fala" e "Galeguismo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD).