IES Miguel Ángel González Estévez

instituto público no Carril, Vilagarcía de Arousa

Coordenadas: 42°36′44″N 8°46′14″O / 42.612262003729, -8.7705117135302

O IES Miguel Ángel González Estévez é un centro de ensino medio de Vilagarcía de Arousa. Está situado na rúa Jesús Garrido Álvarez, moi próxima á Avenida Rosalía de Castro, na parroquia do Carril.

IES Miguel Ángel González Estévez
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Historia editar

O 27 de febreiro de 2004 o instituto leva o nome do seu primeiro director Miguel Ángel González Estévez.

Instalacións editar

Nas instalacións deportivas do centro adestran os equipos das categorías inferiores da A.D. Cortegada, que naceu ao abeiro deste instituto.

Oferta formativa editar

O centro oferta Educación Secundaria Obrigatoria (na que se inclúen varias seccións bilingües), o Programa de Cualificación Profesional Inicial e mailo Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxías, Humanidades e Ciencias Sociais, Artes Plásticas e Artes Escénicas e o ciclo formativo de grao superior de Técnico en Animación de Actividades Físico-Deportivas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar