A familia de procesadores IBM RS64 usouse nos servidores e estacións de traballo RS/6000 e AS/400. É unha póla da familia PowerPC pero inclúe características que non están nela e tivo 64 bit desde o principio.

RS64 (Apache) apareceu en 1997 no RS/6000 e AS/400. Desenvolveuse a partir dun anterior procesador Power PC designado especificamente para o AS/400. Tiña 128 KB de memoria caché, 4 MB de memoria e un bus de 128 bit, e un reloxio de 125 MHz.

RS64-II (Northstar) data de 1998, tiña 8 MB de memoria e un bus de 256 bit

RS64-III (Pulsar) data de 1999, con 8 MB DDR SRAM L2 nun reloxio de 450 MHz e un bus de 256 bit. A memoria caché aumentou ata 256 KB.

RS64-IV (Istar, Sstar) data de 2000. Ten 16 MB DDR L2.