Interstellar Boundary Explorer
Interstellar Boundary Explorer ou IBEX, tamén coñecido como SMEX-10 e Explorer 91, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 19 de outubro de 2008 mediante un foguete Pegasus XL desde Kwajalein.[1][2][4][5]
Interstellar Boundary Explorer / IBEX / Explorer 91 / SMEX-10 | |
---|---|
IBEX | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 19 de outubro de 2008[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kwajalein[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da interacción entre o medio interestelar e o vento solar.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2008-051A |
Masa | 80 kg[2] |
Dimensións | Octógono de 58 cm de alto e 95 cm de lado[4] |
Potencia | 116 W[2] |
Características
editarA misión de IBEX é estudar a interacción entre o vento solar e o medio interestelar. Para iso usa dúas cámaras para átomos neutros enerxéticos producidos polo plasma máis aló da fronteira de choque, o límite máis próximo co medio interestelar das aforas do Sistema Solar. Unha das cámaras recolle os átomos máis enerxéticos (de 300 a 6000 eV) mentres que a outra detecta os de menos enerxía (de 10 a 2000 eV). A órbita de IBEX, de 12 260 km x 304 347 km, o leva máis aló da magnetosfera terrestre para poder detectar os átomos neutros.[1][2][4][5]
A nave ten forma octogonal, de 58 cm de alto e 95 cm de lado, cunha masa sen propelente de 80 kg, dos cales 26 kg son instrumentación científica. Con propelente a nave pesa 107 kg. A alimentación eléctrica corre a cargo dun panel solar que produce 116 W de potencia.[1][2][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "IBEX" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "IBEX" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 4 February 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-50342 (E)). 21 de xaneiro de 2010: 9. Consultado o 14 de maio de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "IBEX (SMEX 10, Explorer 91)" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "IBEX" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Interstellar Boundary Explorer |