Hva vil folk si

filme de 2017 dirixido por Iram Haq

Hva vil folk si é un filme de 2017 dirixido e escrito por Iram Haq. É unha coprodución internacional entre Noruega, Alemaña, Suecia e a India. As escenas do filme ambientadas en Paquistán foron rodadas na India, principalmente en Rajasthan.[1]

Hva vil folk si
Ficha técnica
Título orixinalHva vil folk si
DirectorIram Haq
ProdutorMaria Ekerhovd
GuiónIram Haq
Intérpretes
Música
  • Lorenz Dangel
  • Martin Pedersen
FotografíaNadim Carlsen
Montaxe
  • Janus Billeskov Jansen
  • Anne Østerud
Estudio
  • Mer Film
  • Rohfilm Factory GmbH
  • Zentropa Sweden
EstreaFestival de Toronto: 9 de setembro de 2017
Duración106 minutos
OrixeNoruega Noruega
Alemaña Alemaña
Suecia Suecia
India India
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt7213936 Filmaffinity: 835250 Allocine: 257976 Rottentomatoes: m/what_will_people_say_2018 Mojo: whatwillpeoplesay Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 9 de setembro de 2017. Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2][3][4]

Sinopse editar

Nisha é unha rapaza de dezaseis anos de orixe paquistaní que vive unha dobre vida cos seus pais en Oslo. Xoga ao baloncesto cos seus amigos noruegueses, vai a festas, bebe e ten un mozo, Daniel. Na casa compórtase como unha dócil filla coa súa tradicional familia musulmá. Unha noite, Mirza, o pai de Nisha, descóbrea con Daniel no seu cuarto e golpéaos. Os veciños oen os berros e chaman á policía, o que fai que Nisha acabe nos servizos sociais, onde se bota a culpa da situación. Mirza acepta que Nisha volva á casa a condición de que case con Daniel, asumindo que mantiveron relacións sexuais. Nisha protesta, dicindo que non ocorreu e reacciona violentamente. Temendo pola reputación da familia, Mirza leva á forza a Nisha a Paquistán e déixaa na casa da súa irmá.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Kannan, Indiran (14 de outubro de 2017). "What Will People Say presents a deeply relatable story of family values". Business Standard. Consultado o 16 de abril de 2018. 
  2. Abbatescianni, Davide. (5 de setembro de 2018). What Will People Say to represent Norway at the Oscars. Cineuropa. Consultado o 7 de setembro de 2018
  3. Gonsholt Ighanian, Catherine (4 de setembro de 2018). Verdens Gang, ed. "Hva vil folk si vant kampen om å bli Norges Oscar-håp". Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  4. Kozlov, Vladimir (4 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Norway Selects 'What Will People Say' for Foreign-Language Category". Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar