Hunger (filme de 2023)
Hunger é un filme tailandés de 2023 dirixido por Sitisiri Mongkolsiri e escrito por Kongdej Jaturanrasamee. Está protagonizado por Chutimon Chuengcharoensukying como Aoy, unha cociñeira de comida da rúa que é convidada a unirse a un restaurante de alta cociña baixo a tutela do infame chef Paul, interpretado por Nopachai Jayanama, xunto con Gunn Svasti como Tone, o seu subchef. O filme anunciouno Netflix en 2022 como unhas das seis producións orixinais tailandesas que farían, e estreouse na plataforma en abril de 2023.[1][2] O filme recibiu valoracións na súa maioría positivas, cunha valoración do 87 por cento en Rotten Tomatoes.[3] A recensión de Tatat Bunnag do Bangkok Post criticou o guión e o diálogo, pero concluíu que "malia os seus defectos, paga a pena ver Hunger, especialmente para os que aman o drama intenso e os escenarios exóticos".[4]
Hunger | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | คนหิว เกมกระหาย |
Director | Sitisiri Mongkolsiri |
Produtor |
|
Guión | Kongdej Jaturanrasamee |
Intérpretes |
|
Montaxe |
|
Estudio | Song Sound Production |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 6 de abril de 2023 |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Tailandia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Personaxes
editar- Nopachai Chaiyanam como Chef Paul
- Chutimon Chuengcharoensukying como Aoy
- Gunn Svasti Na Ayudhya como Tone
- Majid Sajadi como Food Taster
- Bhumibhat Thavornsiri como Au
- Kenneth Won como convidado na festa
Notas
editar- ↑ Brzeski, Patrick (11 de outubro de 2022). "Netflix Unveils Slate of Six Originals From Thailand". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ Frater, Patrick (1 de febreiro de 2023). "Thai Food and Feuds on the Menu as Netflix Serves up 'Hunger' Drama Film — First Look Images (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ "Hunger". Rotten Tomatoes (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ Bunnag, Tatat (21 de abril de 2023). "Undercooked". Bangkok Post (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023.