Hugh David Politzer

físico estadounidense

Hugh David Politzer, nado en Nova York o 31 de agosto de 1949, é un físico teórico norteamericano. Compartiu o Premio Nobel de Física de 2004 xunto a David J. Gross e Frank Wilczek polo descubrimento da liberdade asintótica na cromodinámica cuántica.

Hugh David Politzer
Datos persoais
Nacemento31 de agosto de 1949
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Míchigan
Universidade Harvard
Director de teseSidney Coleman
Contribucións e premios
Coñecido porcromodinámica cuántica
PremiosPremio Nobel de Física (2003)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Graduouse na Bronx High School of Science en 1966 e recibiu o seu título da Universidade de Míchigan en 1969 e o seu doutoramento en física na Universidade Harvard en 1974. No seu primeiro artigo publicado en 1973, Politzer describiu o fenómeno da liberdade asintótica: mentres máis próximos estean os quarks menor é a interacción forte entre eles; cando os quarks están extremadamente próximos a interacción nuclear entre eles é tan débil que se comportan case como partículas libres. A liberdade asintótica, descuberta independentemente case ao mesmo tempo por David Gross e Frank Wilczek, foi importante para o descubrimento da cromodinámica cuántica, a teoría das interaccións nucleares fortes. Con Thomas Appelquist, Politzer xogou un rol importante ao predicir a existencia do charmonium, unha partícula elemental composta dun quark encanto (charm) e o seu antiencanto. Os experimentadores chaman a isto partícula J/Ψ.

Politzer foi bolseiro júnior na Harvard Society of Fellows entre 1974 e 1977 para logo irse ao Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) onde actualmente é profesor de física teórica. Traballou como actor menor na película Fat Man and Little Boy no rol dun físico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar