O huapango é un xénero musical mexicano baseado en compás ternario, interpretado en diversas formas, sendo as máis coñecidas estas tres variantes: o huapango típico ou son huasteco, interpretado polo trío huasteco; o huapango setentrional, interpetado polo conxunto setentrional e o huapango de mariachi.

A palabra huapango parece ser derivada do vocábulo náhuatl "cuauhpanco", que literalmente significa sobre a tarima; ou ben, pode ser unha deformación da palabra "fandango", que designa as festas nas cales se executa o son huasteco.

É moi popular nas rexiones fuastecas dos estados mexicanos de Veracruz, Hidalgo, San Luis Potosí, Tamaulipas, Querétaro e Puebla.