Huang Lisha

atleta chinesa

Huang Lisha (en chinés: 黄丽莎; pinyin: Huáng Lìshā), nada en Shijiazhuang o 10 de setembro de 1988, é unha atleta paralímpica chinesa que compite na categoría T53 para atletas en cadeira de rodas.

Huang Lisha
PRIMEIRO DIA DAS PROVAS DE ATLETISMO NAS PARALIMPÍADAS RIO2016 (29467312941) (2).jpg
Nacemento10 de setembro de 1988
Lugar de nacementoShijiazhuang
NacionalidadeRepública Popular da China
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cando era nena, perdeu o uso das súas pernas despois de padecer poliomielite.[1][2]

Seis veces campioa paralímpica, gañou a medalla de ouro nos 100 metros T53 nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016.[3] En 2008 gañou a súa primeira medalla de ouro olímpica nos 100 m T53 coa marca de 16.22 segundos.[4] Catro anos despois, conservou o seu título paralímpico ao derrotar á súa compatriota Zhou Hongzhuan e á australiana Angela Ballard.[5] Nos Xogos de 2016, o podio foi o mesmo que en Londres, onde Huang gañou a súa terceira medalla de ouro consecutiva cunha marca de 16.28 segundos. Repetiu a fazaña mantendo o seu título a proba de 200 m na categoría T53 en dúas paralímpiadas consecutivas[6][7] e tamén gañando ouro no 4 x 100 m relevos cos seus compatriotas.[8]

En Doha de 2015, durante o Campionato Mundial de Atletismo Paralímpico, gañou o ouro a proba de 100 m diante da turca Hamide Kurt e a bermudana Jessica Cooper Lewis,[9] daquela o bronce nos 400 m detrás da australiana Angela Ballard e a súa compatriota Zhou Hongzhuan.[10]

Palmarés deportivoEditar

Xogos ParaolímpicosEditar

NotasEditar

  1. Doyle, David. "Paralympic Games: a shared history of tragedy". Channel 4 News (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  2. "China's Huang wins third straight 100m T53 gold at Rio Paralympics - China.org.cn". www.china.org.cn (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  3. "China's Huang wins third straight 100m T53 gold at Rio Paralympics(1/2)". ecns (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  4. "China's Huang Lisha wins Women's 100m T53 gold - Official Website of the Chinese Olympic Committee". en.olympic.cn. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  5. Paralympic Games (4 de setembro de 2012). "Athletics - Women's 100m - T53 Final - London 2012 Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  6. amy_winters (19 de xaneiro de 2019). "Women's T53 200m Final - 2008 Beijing Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  7. Paralympic Games (7 de setembro de 2012). "Athletics - Women's 200m - T53 Final - London 2012 Paralympic Games". Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  8. "Biography". Paralympics (en inglés). 
  9. "100 m T53 - Medallists" (PDF). Olympics (en inglés). 
  10. "400 m T53 - Medaillists" (PDF). Olympics (en inglés).